Baleo
Baleo
Río que forma a ría de Ladrido. O seu curso discorre por completo polo concello de Ortigueira, cunha dirección basicamente SL-NO. Ten a súa cabeceira nas estribacións meridionais da serra da Coriscada, na parroquia de Devesos, a 400 m de altitude. Drena as parroquias de Devesos, Couzadoiro e O Mosteiro, onde desemboca formando unha marisma, artellando unha rede fluvial composta por numerosos regos entre os que destacan o rego de Lombao e o de Montecalvelo.