Balibar, Etienne
Balibar, Etienne
Filósofo. Profesor da Universidade da Sorbona, foi un dos máis estreitos colaboradores de Althusser, con quen escribiu Lire le Capital (Para ler o Capital, 1967). É un dos máximos expoñentes do pensamento marxista contemporáneo, sobre todo no eido da epistemoloxía: Cinq études du matérialisme historique (Cinco ensaios de materialismo histórico, 1974). En traballos posteriores, como Les frontières de la démocratie (As fronteiras da democracia, 1990), centrou a súa reflexión na refundación teórica do marxismo e nos problemas que máis preocupan á esquerda trala caída dos réximes de “socialismo real”.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Avalon