balinés -sa
(< topónimo Bali)
-
adx
Relativo ou pertencente a Bali, aos seus habitantes, á súa lingua ou á súa música.
-
s
Natural ou habitante de Bali.
-
s
Individuo do pobo indonesio balinés.
-
s
m
[ETN]
Pobo indonesio que habita na illa de Bali e parcialmente na de Lombok. Os aproximadamente tres millóns de balineses sufriron a influencia de poboamentos xavaneses e da civilización hindú. A súa actividade principal é a agricultura, altamente evolucionada, aínda que tamén sobresaen no traballo da madeira, dos metais e dos tecidos. A islamización de Xava, no transcurso do s XIII, motivou que a arte hindú xavanesa se refuxiase en Bali, onde aínda perdura. Entre os monumentos da illa salientan o templo escavado de Tampak-Siring e o santuario de Sangsit. As relacións sociais organízanse a partir de comunidades locais importantes, con tendencia á endogamia. A organización familiar é case sempre nuclear, de residencia patrilocal e con relación de parentesco bilineal. A relixión autóctona ancestral, practicada pola maioría da poboación, está influenciada por elementos do Hinduísmo, particularmente do bramanismo sivaíta; sen embargo, o sistema de castas existente é menos estricto ca o indio: as tres castas máis altas constitúen unha parte moi pequena da poboación (o 93% dos balineses son sudres).
-
s
m
[LING]
Lingua da familia austronésica, do grupo malaio-polinesio e do subgrupo súndico. Fálase na illa de Bali e parcialmente na de Lombok.
-
música balinesa
[MÚS]
Arte musical de Bali. Coexisten na illa a música ritual antiga, a clásica e mais a moderna. Existen dous sistemas de afinación (de cinco e de sete sons por oitava) que achegan unha gran variedade de escalas. Os instrumentos musicais máis usuais son os pratos, os gongs, o tambor, o geng gong (instrumento pastoral de bambú) e os idiófonos de percusión (saron, bonang e gender). Os conxuntos instrumentais (gamelan) son famosos polas súas execucións repletas de virtuosismo.