Baliño

Baliño

Empresa Auxiliar da Construción Naval fundada o 10 de xuño de 1974 por D. Juan Antonio Baliño Pérez, baixo o nome de Juan Antonio Baliño e Hijos, SL. Dedicouse inicialmente á construción de repostos para motores mariños de medianas e grandes potencias, e hoxe en día comeza a producir equipos para buques de maior complexidade. No ano 1983 ampliou o seu campo de actuación ao sector terrestre, con resultados satisfactorios na minería, nos bens de equipo, etc. No ano 1987 transformouse en sociedade anónima, ampliando o capital da mesma ata os 125 millóns de pesetas, e pasando a chamarse Baliño, SA. As súas instalacións da Gándara-Coruxo (Vigo) contan con maquinaria de nova tecnoloxía para a fabricación de redutores mariños, hélices de empuxe transversal, hélices de paso variable e acoplamentos hidráulicos para eixes. Baliño é membro fundador da Asociación de Investigaciones Metalúrgicas del Noroeste (AIMEN), e recibiu a homologación de todas as Sociedades de Clasificación de Buques. A partir de 1992, Baliño, SA ampliou o seu campo de actuación construíndo turbinas para minicentrais eléctricas de ata 500 Kw. No ano 1996 obtén a certificación, conforme á Norma de Aseguramento de Sistemas da Calidade, ISO-90001, válido para o deseño, fabricación e venda de produtos mariños e turbinas eléctricas. Baliño, SA vende os seus equipos tanto no mercado nacional como no internacional.