balística

balística

(< balista)

s f [FÍS]

Parte da Física que estudia a proxección, o voo e os efectos terminais dos proxectís. Pódese distinguir entre balística interior, balística exterior e balística terminal. A balística interior estudia os fenómenos que teñen lugar dentro do tubo dunha arma de fogo cando se dispara. Falamos tamén de balística interior cando facemos referencia aos fenómenos que se producen no interior da cámara de combustión dun foguete e considéranse como proxectil os gases que expulsa e que serven para impulsalo. A balística exterior estudia o movemento dun proxectil desde o momento que deixa de actuar enriba del a forza propulsora. A balística terminal estudia os efectos que producirá a incidencia do proxectil sobre o seu obxectivo: penetración nun corpo sólido, perforación dunha blindaxe e explosión.

Palabras veciñas

balismo | balista | Balistes | balística | balístico -ca | balístido | balistita