balístido

balístido

(< lat Balistes)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á familia dos balístidos.

  2. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe da familia dos balístidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ICT]

    Familia de peixes mariños da orde dos tetraodontiformes de formas peculiares e xeralmente ovais. Habitantes das rexións tropicais e subtropicais, viven en fondos rochosos que acadan os 100 m de profundidade. Posúen unha pel moi rugosa coa que se pode puír a madeira e o marfil. Pertence a esta familia o xénero Balistes.

Palabras veciñas

Balistes | balística | balístico -ca | balístido | balistita | balistocardiografía | baliza