balkar
(< topónimo Balkares)
-
adx
Relativo ou pertencente aos balkares ou ao balkar.
-
s
Individuo do pobo turco dos balkares.
-
s
m
[ETN]
Pobo turco da parte setentrional do Cáucaso que se estableceu na República dos Kabardíns e dos Balkares, nos vales altos do Baksan, do Cegem e do Terek. Os balkares (sobre 61.000 individuos en 1979) son pastores de montaña e profesan a relixión musulmá (sunnitas). Acusados de colaborar cos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial, en 1944 foron parcialmente deportados a Asia Central, unha parte do seu territorio foi cedido a Xeorxia e o seu nome desapareceu da República. En 1957 a República dos Kabardíns recobrou o seu nome primitivo e permitíuselle aos balkares volver do exilio.
-
s
m
[LING]
Lingua falada polos balkares do grupo oghuz segundo a clasificación de Deny.