Balleyvalley

Balleyvalley

Xacemento situado en Tyrone (Irlanda) que dá nome a unha facies metalúrxica caracterizada polos machados planos e as alabardas con fortes nervaduras. Este foco metalúrxico, paralelo ao Bush Barrow (cultura de Wessex) e anterior á facies Derryniggin, debeu ser un centro de grande importancia debido á difusión polas Illas e polo continente dalgúns dos seus obxectos, por exemplo as lúnulas.