Balneario de Lugo
Balneario de Lugo
Situado na cidade homónima, á beira do río Miño, utilizouse desde a época romana, tal e como o atestan as termas romanas que alberga na planta baixa, declaradas Ben de Interese Cultural desde 1921. A estrutura do actual edificio é do s XIX e as instalacións foron renovadas desde o ano 1984.