Balsa
Balsa
Afluente pola esquerda do Anllóns. Nace na parroquia de Seavia, concello de Coristanco, da confluencia dos regos de Seavia e Segufe. Percorre as parroquias de Seavia e Oca no concello de Coristanco, levando unha dirección N-S. Desemboca no lugar do Muíño de Cepeira, onde o Anllóns fai a fronteira de Oca coa parroquia de Sísamo, concello de Carballo.