Balsa de la Vega, Rafael
Pintor e crítico de arte. Na súa xuventude participou en varias exposicións pitóricas, pero despois decantouse pola crítica de arte e a tradución. É autor, entre outros, dos cadros: Retrato de Emilia Pardo Bazán, Devotos de Santa María de Arcos e Un rato de conversación, este último presentouno na Exposición Nacional de Belas Artes de 1887. Colaborou na Ilustración Española y Americana e en Blanco y Negro. Así mesmo, publicou Artistas y críticos españoles: siluetas de pintores, escultores, críticos (1891), Orfebrería gallega: notas para su historia (1912) e Pisa: su influencia en el Renacimiento italiano (1913). Fixo a tradución ao castelán das novelas de Emilio Salgari (Sandokán ou La mujer del pirata) e a antoloxía de prosistas e poetas Noruega literaria de Jacques Coussange (1910).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Padrón -
Deceso
Lugar : Madrid