balsamario

balsamario

(< bálsamo)

s m

Recipiente, xeralmente de bronce ou vidro, destinado a conter bálsamos, esencias ou perfumes, e utilizado en contextos culturais romanos. Bouza Brey publicou a existencia dunha peza coa forma do busto dun fauno e posteriormente Balsa de la Vega, o mesmo Bouza Brey e Acuña publicaron outro coa forma do busto dun sátiro. No Museo da Rexión Flaviense atópase o Balsamario de Chaves que pode representar a efixie de Antínoo, o favorito de Adriano.

Palabras veciñas

balsada | Balsadas, As | Balsam, Martin | balsamario | Balsamea | balsámico -ca | balsamífero -ra