balsámico -ca
balsámico -ca
(< bálsamo)
-
adx
Que ten calidades de bálsamo.
-
adx
Que contén bálsamo.
-
adx
Que exhala aroma de bálsamo.
-
adx
[ALIM]
Aroma a incenso ou alcatrán do viño producido pola crianza en madeiras como o cedro, abeto, eucalipto, etc, que se acelera polas altas temperaturas en zonas cálidas.
-
adx
[MED]
-
Dise de todas as substancias que teñen consistencia de bálsamo e tamén das que son de acción antigonorreica.
-
Aplícase unicamente aos medicamentos que conteñen aceites esenciais antisépticos e tonificantes do aparato respiratorio.
-