Baltar Tojo, Rafael
Arquitecto. Catedrático na Escola Superior Universitaria de Arquitectura da Coruña, traballou en colaboración con José Antonio Bartolomé Argüelles e Carlos Almuíña, cos que compartiu unha estética arquitectónica racionalista na que se mestura o respecto aos materiais autóctonos e a súa vocación de modernidade. Entre as súas obras salientan a Subestación de Fenosa, as Facultades de Filosofía e Ciencias da Educación, a Escola de Estomatoloxía, o Polideportivo do Colexio Peleteiro, o edificio do xulgado de Fontiñas en Santiago de Compostela e o pazo de Xustiza en Vigo. Tamén realizou obras de restauración e rehabilitación na cidade de Santiago de Compostela: claustro e instalacións do Museo do Pobo Galego no Convento de San Domingos de Bonaval, Pazo Xelmírez, biblioteca de San Martiño Pinario e Teatro Principal.
Así mesmo, é autor de artigos nos que reflexiona sobre a arquitectura e o Patrimonio: “Nueva arquitectura de los conjuntos históricos” (1979), “A determinación da arquitectura” (1980), “Notas sobre el Patrimonio arquitectónico” (1984) ou “Los objetos y la Naturaleza” (1984). Foi promotor do Museo do Pobo Galego, que presidiu entre 1976 e 1986, participou activamente na creación do Colexio de Arquitectos de Galicia e presidiu a Comisión de Cultura. Foi tamén membro do Instituto Galego de Información, do Seminario de Estudios Galegos e da Academia Galega de Ciencias.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela -
Falecemento
Lugar : Santiago de Compostela