Baluze, Étienne

Baluze, Étienne

Historiador, foi secretario do arcebispo de París, Pèire de Marca. Cando este último morreu, Baluze sacou á luz a obra do seu protector Marca Hispanica sive limes hispanicus (1688). Luís XIV desterrouno polo feito de editar unha obra que non ensalzaba a casa dos Borbóns. Publicou diversas obras, entre as que salientan Capitularia regum Francorum (1677), Epistolae Innocentii papae III (1682) e Vitae paparum Avinonensitum (1693).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Tula, Limousin

  • Deceso

    Lugar : París