Bamako
Bamako
Capital de Mali, que constitúe unha rexión administrativa, á beira do río Níxer (252 km2; 913.000 h [estim 1995]). A súa orixe atópase no forte construído en 1882 polo xeneral francés Borgnis-Desbordes. A cidade foi sede de diferentes conferencias: a celebrada en 1946 deu lugar á creación do Rassemblement Démocratique Africain (Unión Democrátia Africana), formación que engloba a numerosos partidos dos territorios ingleses e franceses colonizados. En setembro de 1957 constituíuse unha federación francoafricana presidida por Houphouët-Boigny. En setembro de 1958 os representantes das que serían as repúblicas de Benin, Burkina Faso, Senegal e Sudán, estudiaron as posibilidades de crear unha federación.