Bamberg
Bamberg
Cidade de Baviera, Alemaña, á beira do Regnitz (70.200 h [1990]). Localízase nos contrafortes do Steigerwald e constitúe un importante núcleo industrial. Posúe abundantes edificios medievais, entre os que destaca a catedral (ss XI-XIII), que inclúe importantes esculturas (Cabaleiro de Bamberg). Ten a súa orixe nun establecemento comercial que xurdiu ao pé do castelo dos Babenberg. O Emperador Enrique II fundou no ano 1007 un bispado, que foi secularizado en 1803, cando a cidade se incorporou a Baviera. As forzas do exército alemán que reprimiron o goberno soviético e espartaquista de Múnic en xaneiro de 1919 partiron desta vila.