Bambino Vispo, mestre de
Bambino Vispo, mestre de
Nome co que se coñece a un pintor anónimo activo en Florencia, influído por Lorenzo Monaco. Está considerado como o autor, entre outras, do retablo de san Lourenzo (1422), do que se conserva unha parte en Berlín, e do Xuízo Final (Museo de Múnic). Algúns autores identifícano co mestre valenciano Miguel Alcañiz.