Bambouk

Bambouk

Rexión do extremo occidental de Mali, entre os ríos Falemé e Senegal. É un lugar famoso polas súas minas de ouro, que foron unha das bases da economía do reino medieval de Ghana (s XIII) e o posterior Imperio de Mali, ao que fora incorporada polo xefe mandinga Sundiata Keita. Dende o s XVIII, a actividade mineira é moi escasa.