ban

ban
  1. s m [HIST]

    Gobernador con atribucións civís e militares dos territorios en que foi dividido o Reino de Croacia constituído no ano 925. Despois da unión de Croacia e Hungría (1102), o ban de Croacia foi o representante da autonomía nacional diante dos húngaros: tiña o dereito de convocar a dieta e era o xefe supremo do exército croata. En 1868 foron moi restrinxidas as atribucións do ban, cargo que perdurou ata finais do ano 1918.

  2. s m [HIST/DER]

    Entre os húngaros e os eslavos da zona meridional, gobernador dun distrito fronteirizo, o banato; orixinariamente, tiña atribucións civís e militares.

Palabras veciñas

Bamonde | bamú | bamum | ban | Ban Biao | Ban Chao | Ban Gu