Ban Gu
Historiador e poeta chinés, fillo de Ban Biao e irmán de Ban Zhao e de Ban Chao. Foi encarcerado baixo a acusación de deformar a historia tradicional; sen embargo, trala súa rehabilitación, lograda grazas ás desculpas que puido presentar o seu irmán Ban Chao perante o Emperador, foille encargada a redacción de Qian Han shu ou Han shu (Historia da dinastía Han). Máis tarde adheriuse ao partido rebelde de Dou Xian e acompañouno na expedición a Mongolia contra os siongnu. Foi detido e morreu preso. O Han shu, escrita en colaboración coa súa irmá Ban Zhao, é a primeira das vinte e catro historias dinásticas ou nnais chinesas, segue o modelo de Sima Qian e refírese á dinastía dos Han anteriores ou occidentais (206 a C-6 d C). O estilo é máis ou menos libre e máis elaborado que o de Sima Qian. Escribiu tamén un pequeno tratado político, Baihu tong (Tratado do tigre branco). Como poeta é coñecido por Liangdu fu (Fu das dúas capitais), onde describe, ao modo de Sima Xiangru, Luoyang e Chang’an, con detalles de valor arqueolóxico.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : d C -
Deceso