banana

banana

(<ár banāna ‘dedo’)

s f [BOT]

Froita comestible en baga oblonga e arqueada do bananeiro. É de pel grosa, de pulpa fariñenta e nas formas cultivadas non ten semente. A banana ten un valor alimentario moi elevado, é moi rica en azucre (19-25%), pero pobre en sodio. Ten numerosas aplicacións gastronómicas, xa que se pode tomar crúa, fritida, cocida, flamexada ou guisada. Tamén se obtén dela fariña e viño de banana. Brasil consolidouse como o primeiro estado produtor. SIN: plátano.

Palabras veciñas

banalidade | banalización | banalizar | banana | Banana Azul | bananal | bananeiro -ra