Banana Azul

Banana Azul
[XEOG/ECON]

Termo empregado na literatura económica e xeográfica para designar o espazo europeo máis desenvolvido industrial e economicamente. Abrangue un polígono en forma de banana que ten o seu vértice setentrional no SL de Inglaterra (na área do Gran Londres) e se estende polo S ata o N de Italia (Milán-Turín), pasando polo BENELUX, o occidente de Alemaña e a rexión de París.

Palabras veciñas

banalización | banalizar | banana | Banana Azul | bananal | bananeiro -ra | bañar