bañar
(< lat balneare ‘bañar’)
-
v t
Introducir un corpo ou parte del na auga ou noutro líquido para lavalo, perfumalo, etc.
Ex: Bañou a nena e despois deitouna. Bañou o can porque estaba cheo de lama.
-
v t
Mollar abundantemente algunha cousa con auga ou con outro líquido. SIN: enchoupar.
Ex: Bañou as galletas en leite para facer o pastel. Tiráronlle un caldeiro de auga e bañárono de arriba a abaixo.
-
v t
-
Cubrir algunha cousa cunha capa dalgunha substancia, mediante a inmersión ou untándoa con ela.
Ex: As bandexas de alpaca báñanse en prata para que brillen. O xoieiro bañou os pendentes con ouro.
-
[ALIM]
Cubrir un prato cunha substancia (salsa, caldo, auga, etc).
Ex: Bañou o biscoito con nata.
-
-
v t
Tocar ou pasar, o mar, un río ou un lago, por un lugar determinado.
Ex: O Atlántico baña as costas galegas.
-
v t
Dar de cheo a luz, o sol ou o aire sobre unha cousa.
Ex: A raxeira do sol bañaba o corpo encollido do vello.
-
v pron
Meterse total ou parcialmente na auga ou noutro líquido para lavarse, refrescarse, nadar, etc.
Ex: Bañeime no río antes de ir xantar.
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles baño
bañas
baña
bañamos
bañades
bañan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bañaba
bañabas
bañaba
bañabamos
bañabades
bañaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bañei
bañaches
bañou
bañamos
bañastes
bañaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bañara
bañaras
bañara
bañaramos
bañarades
bañaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bañarei
bañarás
bañará
bañaremos
bañaredes
bañarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bañaría
bañarías
bañaría
bañariamos
bañariades
bañarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bañe
bañes
bañe
bañemos
bañedes
bañen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bañase
bañases
bañase
bañasemos
bañasedes
bañasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bañar
bañares
bañar
bañarmos
bañardes
bañaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
baña
-
-
bañade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bañar
bañares
bañar
bañarmos
bañardes
bañaren
bañada
bañados
bañadas