Banc de Sabadell

Banc de Sabadell

Entidade bancaria constituída no ano 1881 por membros do gremio de fabricantes e doutras corporacións patronais de Sabadell (Barcelona). A súa actividade está estreitamente ligada ao desenvolvemento da industria téxtil lanar. O seu crecemento iniciouse ao aproveitar as vantaxes da nova ordenación bancaria do 1962, que lle permitiu estenderse por Catalunya. A súa actividade é estritamente comercial e incluso chegou a ser un dos bancos máis rendibles do estado.

Palabras veciñas

banato | Banato, O | Banbridge | Banc de Sabadell | banca | Banca Cid | Banca Commerciale Italiana