Banco Central
Entidade bancaria constituída en Madrid no ano 1919 como resultado da fusión de diversas casas de banca de ámbito rexional. Durante a década dos trinta o grupo dominante era valenciano; sen embargo, a medida que ía consolidando a súa expansión polo Estado ese grupo perdeu importancia, finalmente, en 1984, o Banco de València incorporóuselle como filial. En 1950 ampliou o seu capital e a súa rede territorial cando comprou o Banco Hispano-Colonial. En 1971 adquiriu a Banca Nogueira, unha pequena entidade local que tiña a súa sede en Ribadavia. No ano 1991 absorbeu o Banco Hispano Americano e adoptou o nome de Banco Central Hispano (BCH). En 1998 culminou a súa fusión co Banco de Santander da que xurdiu o Banco Santander Central Hispano (BSCH).