Banco Central Europeo

Banco Central Europeo

ou Eurored Institución creada en virtude do Tratado da Unión Económica e Monetaria (Tratado de Maastricht, 1991-1992) para rexer o sistema monetario e financieiro da Unión Económica e Monetaria Europea. Ten o dereito exclusivo e autónomo de autorizar a emisión de euros (únicos billetes de curso legal a partir de, como máximo, xullo de 2002). O Banco Central Europeo, coordinador dos bancos centrais dos respectivos estados, comezou a súa actividade o 1 de xaneiro de 1999, principiando deste xeito a terceira e derradeira fase da transición cara á unión monetaria dos 11 países da “zona euro”. Os seus órganos rectores son o Comité Executivo e o Consello de Goberno (consello executivo máis gobernadores de bancos emisores dos países membros da CEE). As súas funcións son: executar a política monetaria, a representación internacional, a compensación monetaria e a xestión dos mecanismos de crédito comunitario.