Banco de Portugal

Banco de Portugal

Entidade bancaria fundada o 19 de novembro de 1846 trala fusión do Banco de Lisboa, fundado en 1821, e a Companhia de Confiança Nacional. É o banco central do sistema bancario portugués, polo que ten o dereito exclusivo de emisión de moeda; así mesmo, desempeña as funcións de banqueiro do estado e fiscaliza todas as institucións de crédito e parabancarias de Portugal.