Banco del Noroeste

Banco del Noroeste

Entidade bancaria fundada na Coruña en 1964. As súas actividades estiveron orientadas cara ao apoio ao sector industrial galego e de negocios. Tivo unha curta andaina independente, pois en 1974 absorbeuno o grupo Rumasa. O banco foi posteriormente adquirido polo Banco de Bilbao, logo da subasta pública realizada polo estado das empresas do grupo de Ruíz Mateos. Durante a súa pequena vida como entidade galega realizou unha salientable tarefa de promoción da cultura galega a través da editorial Banco del Noroeste, que publicou varias obras de persoeiros da cultura galega como Beiras, Fernández del Riego, Filgueira Valverde, Fraguas, García Sabell ou Paz-Andrade.