Banco de Vizcaya
Banco de Vizcaya
Entidade bancaria constituída no ano 1901 en Bilbao. Inicialmente tiña un claro carácter industrial (Altos Fornos de Biscaia, Iberduero, etc), pero despois entrou na liña comercial e converteuse nun banco mixto. En 1984 adquiriu a Banca Catalana. No 1988 fusionouse co Banco de Bilbao para formar o Banco Bilbao Vizcaya (BBV).