Banco Hispano-Colonial
Banco Hispano-Colonial
Entidade bancaria constituída en Barcelona no 1876 por Antonio López López e Manuel Girona i Agrafel. A súa base foi un crédito de 125 millóns de pesetas ao tesouro de Cuba. A perda da colonia transformou totalmente os seus obxectivos, orientándose entón preferentemente cara ao sector industrial. Foi promotor e partícipe de empresas como a Compañía Xeral de Tabaco de Filipinas (1881) ou a Compañía Telefónica de España. No 1950 a xunta de accionistas aprobou a súa absorción polo Banco Central.