Banco Hijos de Olimpio Pérez
Banco Hijos de Olimpio Pérez
Entidade bancaria fundada no ano 1847 por Manuel Pérez Sáenz en Santiago de Compostela. Trala morte do seu fundador modificou en varias ocasións a súa denominación: Casa de Banca de Hijos de Pérez Sáenz (1885-1901), Olimpio Pérez (1902-1909), Olimpio Pérez e Hijos (1910-1915) e Hijos de Olimpio Pérez (1916-1957). No ano 1957, ao converterse en sociedade anónima, cambiou o seu nome polo de Banco de Hijos de Olimpio Pérez. No ano 1964 absorbeu o Banco de Crédito e Inversión, que tiña a súa sede social en Barcelona e unha sucursal en Madrid, adoptando o nome desa entidade catalana. En 1988 pasou a denominarse Banco Gallego.