Banco Exterior de España

Banco Exterior de España

Entidade bancaria dependente do estado, constituída en Madrid no 1928 e adxudicada á Sociedade Anónima de Crédito Nacional Peninsular e Americano, co obxectivo de fomentar o comercio exterior de España e todo tipo de relacións económicas con outros estados. No ano 1940 a maior parte do capital estaba nas mans do INI, o cal principiou o proceso de privatización. No 1962 iniciouse a política inversa, traspasando a totalidade das accións do Instituto de Crédito Oficial (ICO). O Banco Simeón de Vigo formou parte do seu grupo na década dos oitenta; así mesmo, integráronse no grupo o Banco de la Exportación, o Banco de Alicante e o Banco Cantábrico. En 1991, ao mesmo tempo que o resto de bancos estatais, integrouse en Argentaria (Corporación Bancaria de España).