Banda de Música de Rianxo
Banda de Música de Rianxo
Agrupación musical fundada en 1870 que se mantivo en activo ata 1929, ano en que desapareceu. Foi reorganizada e dirixida en 1930 por Perfecto Iglesias Figueroa, con algúns compoñentes da banda vella pero principalmente con novos músicos ensinados por el. Directores posteriores foron José Badín, Marcial Sanjurjo, José Oro Val, Vázquez Gregorio, Francisco Gargallo e Simón Trelles. Na actualidade está dirixida por Rosendo Iborra Jover. En 1945 acadou o II Premio no Certame de Bandas de Santiago de Compostela.