bandada

bandada

(< 1banda)

  1. s f

    Multitude de aves pertencentes á mesma especie que voan xuntas. SIN: bando.

    Ex: Todas as primaveras, enormes bandadas de paxaros veñen de volta ás nosas terras.

  2. s f

    Grupo numeroso de peixes da mesma especie que se desprazan xuntos. SIN: banco, bando, cardume, mada, 1manda.

    Ex: Toparon unha bandada de sardiñas moi grande e volveron a terra moi pronto.

  3. s f

    Conxunto numeroso de persoas.

    Ex: A xente acudía en bandadas a Balaídos.

    Confrontacións: tropa.