bandado

bandado

(<2banda)

  1. s m

    Grupo de persoas que se opón a outro nun enfrontamento. SIN: 2bando.

    Ex: O bandado máis liberal derrotou os demais no seo do partido.

    Confrontacións: facción.
  2. s m [HERÁLD]

    Escudo que leva o campo cuberto de bandas alternativamente de cor e metal; o seu número pode ser par ou impar. Tamén se aplica aos xefes, paos, faixas e animais, e ao escudo composto só de bandas, tanto de cor como de metal. Fálase de escudo contrabando cando o escudo ten todas as súas bandas cortadas pola metade e os esmaltes de cada parte distintos e alternados.