facción

facción

(

  1. s f
    1. Grupo de persoas reunidas para unha acción violenta, xeralmente política.

    2. [HIST]

      Grupos de insurxentes absolutistas durante o Trienio Constitucional (1820-1823) e, en xeral, cada un dos grupos carlistas durante o s XIX.

    3. [POLÍT]

      Grupo político cunha liña propia dentro dun partido.

  2. s f [BÉL]
    1. Acción de guerra.

    2. Acto do servizo militar como a garda, a sentinela ou a patrulla, entre outras.

  3. s f [HIST]

    Cada un dos equipos que se enfrontaban nos xogos do circo, na antiga Roma, e os seus partidarios. Distinguíanse polas cores que levaban nas súas roupas e nos arreos dos cabalos: os brancos, os vermellos, os verdes e os azuis. En Constantinopla os equipos reducíronse aos verdes e aos azuis.

  4. s f pl

    Conxunto de trazos do rostro dunha persoa.

    Ex: Tiña unhas facións inconfundibles.