face

face

(< lat facĭes)

  1. s f

    Parte anterior da cabeza dunha persoa onde están os ollos, a boca e o nariz.

    Ex: O atracador cubría a face cunha media.

    Sinónimos: cara, faciana, rostro, cara.
  2. s f Antónimos: cruz, dorso, reverso.
    1. Lado principal, en oposición ao posterior, dun obxecto plano ou laminar con dúas superficies.

      Ex: A face da folla é moi rugosa. A face desa tea ten unha cor distinta.

    2. Parte principal dunha moeda, medalla ou selo, que ten representada a cara dunha divindade, rei, personaxe ou calquera outro debuxo.

      Ex: A moeda caeu coa face para arriba.

      Sinónimos: anverso, cara, cara. Antónimos: cruz, dorso, reverso.
    3. [MAT]

      Cada un dos planos que delimitan un ángulo diedro.

      Sinónimos: cara, cara.
    4. [CONSTR]

      Cada unha das superficies dunha obra, en especial, a oposta á posterior.

      Confrontacións: fachada.
  3. s f

    Parte visible de algo.

    Ex: Hai tempo que non o vexo, parece que desapareceu da face da Terra.

  4. Santa Face [RELIX/ARTE]

    Representación do pano da Verónica co rostro de Xesús que, segundo a tradición, quedou gravado nel. Foi unha iconografía moi empregada no Oriente cristián, especialmente no mundo bizantino, e en Occidente nas épocas gótica, renacentista e barroca. Entre outras representacións, cómpre destacar as do mestre de Flémalle, A. Dürer, El Greco e Zurbarán.