Face in the Crowd, A

Face in the Crowd, A
Nome científico: [Un rostro na multitude]
[IMAX]

Produción cinematográfica estadounidense realizada en 1957. Foi dirixida por Elia Kazan e interpretada por Andy Griffith, Patricia Neal, Anthony Franciosa, Walter Matthau ou Lee Remick, entre outros. O filme reflicte a relación amorosa entre unha moza que comeza a traballar nunha emisora de radio e un home que procede do ambiente rural e de condición humilde. A influencia dos medios de comunicación de masas na sociedade é un dos temas principais desta produción. Tamén pretende ser unha película de xustificación do seu director, ante o acoso ao que foi sometido durante a “caza de bruxas”.

Palabras veciñas

facción | faccioso -sa | face | Face in the Crowd, A | Facebook | facedeiro -ra | facedoiro -ra