Rede social creada polo estudante de Harvard, Mark Zuckerberg en febreiro do 2004 para estar en contacto cos compañeiros da universidade. O sitio popularizouse rapidamente en Harvard, de alí o seu uso estendeuse entre alumnos das universidades estadounidenses e en pouco tempo en todo o mundo. É unha ferramenta que permite comunicarse con amigos, familiares ou compañeiros de traballo compartindo información de todo tipo. No ano 2009 conta con máis de 200 millóns de usuarios activos que se poden organizar en grupos e redes segundo a situación xeográfica, académica ou laboral ou por gustos e intereses. O seu nome provén do costume que existe en moitas universidades norteamericanas de darlle aos alumnos á súa chegada un libro con fotografías dos alumnos e profesores desa universidade e que recibe o nome en inglés de “facebook” ou, en galego “libro de caras”.
Facebook