anverso

anverso

(< lat anteversus)

  1. s m

    Cara principal, oposta á posterior, daqueles elementos en forma de lámina constituídos por dúas superficies.

    Ex: Cortouse co coitelo no anverso da man.

    Sinónimos: face. Antónimos: dorso, reverso.
  2. s m [NUMIS]

    Cara principal dunha moeda, medalla, etc por contraposición á cruz ou reverso.

    Sinónimos: face. Antónimos: dorso, reverso.
  3. s m [ARQUIV/FILAT]

    Cara principal do selo onde están gravados a efixie, armas, divisas ou emblemas da persoa ou corporación á que pertence.

    Sinónimos: face. Antónimos: dorso, reverso.
  4. s m [BIBLIOG/ARQUIV] Antónimos: envés, revés, revés.
    1. Cara ou fronte dunha folla ou un manuscrito.

      Antónimos: envés, revés, revés.
    2. Nun libro, páxina que está á dereita do lector e que leva a numeración impar.

      Sinónimos: face. Antónimos: envés, reverso.
  5. s m [BOT]

    Superficie superior da folla, que normalmente recibe os raios do sol. Adoita ser máis verde e lisa ca a cara inferior ou reverso.

    Antónimos: envés, reverso.