bandeirola
(< bandeira)
-
s
f
Bandeira pequena usada como distintivo, ornamento, etc.
Ex: Puxemos unhas bandeirolas polas rúas da vila para festexar o Corpus.
-
s
f
Mensaxe publicitaria realizada en tea, cartón ou superficie plástica e que xeralmente se presenta como colgante. As bandeirolas urbanas teñen uns tamaños e características predeterminadas e moi variadas; normalmente se colocan nas farolas de iluminación pública.
Ex: Está toda a vila chea de bandeirolas desde que comezou a campaña electoral.
-
s
f
[BÉL]
Bandeira pequena, como a que se soía poñer no cume da hasta das lanzas dos soldados de cabaleiría.
Ex: Gústanme as pinturas históricas de batallas con xinetes portando bandeirolas.
-
s
f
[DEP]
Bandeira destinada a facer sinais ou indicacións.
Ex: O xefe de pista axitou a bandeirola para indicar a saída dos participantes no rallye.
-
s
f
[HERÁLD]
Bandeira pequena, alongada e estreita, rematada en punta, colocada nas representacións heráldicas nas mans de Cristo resucitado, de san Xoán Bautista e doutros santos.
-
s
f
[XEOG]
Pao empregado para sinalar puntos determinados dun terreo no momento de medilo, de marcar unha localización, un límite, etc.