1 bando

1 bando

(

  1. s m

    Disposición de carácter xeral en forma de orde que a autoridade lle impón directamente á poboación. É unha manifestación da potestade regulamentaria do poder público que se recoñece diante da administración como un dos medios para conseguir os seus fins. A publicación dun bando pode facerse mediante un cartel, un pregón ou outro medio de difusión. Hai bandos periódicos, ditados en datas fixas, bandos de urxencia para atender situacións imprevistas, e bandos de bo goberno para ordenar mellor a vida en común. Desde a Idade Media os bandos eran utilizados polas autoridades xurisdicionais, tanto reais como baroniais, para o bo goberno do seu territorio, ás veces en forma de orde que velaba polo interese xeral ou pola utilidade do señor, e outras veces garantían e protexían intereses de dereito privado. SIN: edito.

    Ex: O concello publicou un bando para informar sobre as festas.

  2. s m

    Cartel co que se fai público un bando.

    Ex: Deixaron un bando pegado na porta da casa da cultura.

  3. s m [HIST]

    Nos s XVI e XVII, pregón para os malfeitores e toda outra disposición de orde xudicial que se fai pública.

Palabras veciñas

Bandirma | Bandjarmasin | Bandl, anel de | 1 bando | 2 bando | Bando | Bando, El