Banet, Rosalía

Banet, Rosalía

Artista plástica. Licenciada en Belas Artes na especialidade de pintura pola Universidade de Vigo. Compaxina a pintura co gravado e a escultura. A súa obra pictórica reflicte a problemática do feminino como xénero, onde a ironía ao redor da condición tradicional da muller está moi presente. Participou en diversas exposicións colectivas, entre as que salienta Madrid-Berlín, realizada no Centro de Arte Conde Duque de Madrid (1998). Tamén realizou exposicións individuais na galería Marta Cervera de Madrid.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Madrid