Bangalore

Bangalore

  Capital do estado de Karnataka, India, situada no altiplano do Deccán, a 900 m de altitude (4.130.288 h [1991]). Centro dunha rexión agrícola e núcleo industrial importante, foi fundada no s XVI pola dinastía de Maisuru. En 1758 converteuse en posesión de Haidar ‘Alí. En 1791 os ingleses tomaron a cidade e a restituíron o territorio de Maisuru. En 1831 converteuse en cuartel xeral da administración brítanica.

Palabras veciñas

bangala | bangalla | bangallo | Bangalore | banganté | Bangar | Bangka