Bangka

Bangka

Illa do mar da China Meridional, situada ante a costa sudoriental de Sumatra, separada desta illa polo estreito de Bangka. Pertence a Indonesia e incluíuse na provincia de Sumatra Meridional. A riqueza principal da illa é a minería. A capital é Pangkalpinang, e o porto máis importante é Muntok. Posesión do reino de Srivijaya durante o s VII, foi sometida posteriormente (s XVIII) ao sultanato de Palembang. Contra o 1710 adquiriu grande importancia a causa da descuberta de xacementos de estaño. Cedida en 1812 a sir Thomas S. Raffles, gobernador británico de Xava, en 1816 pasou a formar parte das Indias Orientais Holandesas. Despois da ocupación xaponesa (1942-1945) foi de novo invadida polos holandeses. En decembro de 1949 entrou a formar parte dos Estados Unidos de Indonesia e en agosto de 1950 da República de Indonesia.