banqueiro -ra

banqueiro -ra

(< banco)

  1. s

    Propietario ou directivo dun negocio de banca ou aquel que realiza operacións bancarias.

    Ex: O banqueiro asesorounos nos distintos tipos de crédito que o banco nos podía ofrecer.

  2. s [HIST]

    Ata o s XIX, mercador que tiña como profesión o préstamo de cartos. A función de mediadores nos pagamentos, estaba reservada, sen embargo, aos cambiadores. Non é ata finais do s XIX cando os bancos privados reúnen estas dúas funcións.

  3. s [XOGO]

    En certos xogos de azar, a persoa que posúe a banca.

    Ex: Estivemos xogando á ruleta e a min tocoume ser a banqueira.

Palabras veciñas

Baños, Os | Banpo | Banque de France | banqueiro -ra | banqueta | banquete | Banquete de Conxo