Banque de France
Banque de France
Organismo financeiro francés nacionalizado no 1946 que cumpre as funcións de banco central do estado francés. Foi fundado no ano 1800 en París, por iniciativa do goberno e cun capital totalmente privado; realizaba ao mesmo tempo as funcións de banco comercial e banco emisor. No 1803 obtivo o monopolio de emisión para París. Logo dun período de consolidación, no 1848, foille outorgado o privilexio e o monopolio de emisión sobre todo o estado francés. No 1946 foi estatalizado, e as accións privadas foron convertidas en débitos. Regula o mercado do ouro e das divisas.