banzo

banzo

(

  1. s m

    Paso dunha escaleira ou dunha escada. SIN: banceira, chanzo.

    Ex: Ó subiren á escada rompeulles un banzo.

  2. s m

    Cada un dos largueiros onde van colocados os chanzos dunha escada constituíndo a armazón principal da mesma.

  3. s m

    Cada un dos largueiros que soporta a armazón dunha cama, dun bastidor, etc.

  4. s m
    1. [ETN]

      Cada unha das catro varas que saen das andas e serven para levalas aos ombreiros. Os banzos, especialmente os dianteiros, son sometidos a poxa nalgunhas parroquias galegas co fin de poder levar calquera santo milagreiro nunha procesión.

    2. Cada un dos brazos polos que se suxeita a padiola.

  5. s m [ETN]

    Cada un dos listóns de madeira máis grosos que forman parte do bastidor no que se ha de bordar.

  6. s m [ETN]

    Peza grande onde se talla o peitoril dun pozo.

  7. s m [MAR]

    Listón ancho que serve de reforzo aos costados dunha embarcación.

Palabras veciñas

banzado | Banzer Suárez, Hugo | banziri | banzo | Bao | Bao | Bao Dai