Bao Dai

Bao Dai

Emperador de Annam. En 1925 sucedeu o seu pai Khai-Dinh. Baixo a presión xaponesa proclamou en 1945 a independencia do Vietnam, cun territorio que abranguía a Cochinchina e Tonquín. Logo da proclamación da República de Vietnam por Ho Chi Minh, exiliouse a Hong Kong (1946). En 1949 Francia nomeouno xefe dun teórico estado asociado de Vietnam. Sen apoio político, exiliouse a Francia, onde continuou exercendo as funcións imperiais. Foi deposto definitivamente do trono por un referendo organizado por Ngo Dinh Diem (1955).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Huê

  • Deceso

    Lugar : París